Historia do Club
PRIMEIROS PASOS
O Club fundouse fai varios años, e estiveu en modo "hibernación" ata que un grupo de nais e pais da AMPA mostraron unha preocupación e iterese por extender o deporte máis aló das actividades extraescolares de Primaria e dos muros do propio Colexio Esclavas da Coruña. Co obxectivo de entrar en competicións oficiais coas demáis entidades da cidade (Clubs Deportivos e Colexios).
Naquela época, a dirección do cole tiña na mira uns obxectivos educativos que non coincidían co sector deportivo, deixando o Club Deportivo nun segundo plano. Por tanto, co obxectivo de "resucitar" a entidade e poñer o deporte nunha primeira estancia iniciouse unha fase de concienciación da importancia da práctica deportiva na pre-adolescencia. Desta maneira, trasladouse a Madrid dita preocupación e interese en reactivar un Club existente dende fai un tempo pero que estivera parado durante os últimos anos.
Todo o traballo deste grupo de nais e pais foi recompensado mediante a aceptación dende a sede central en reactivar o Club, poñendo o mesmo en funcionamento unha vez máis.
Ao mesmo tempo, outro grupo de nais e pais estaban a facer todo o posible por manter aos seus fillos nun equipo de baloncesto que foise formando durante toda a etapa de educación primaria. Ao coincidires en inquietudes e intereses pola práctica deportiva dos máis pequenos, este grupo de nenos comprometidos co baloncesto iniciouse na aventura de reorganizar o Club.
Ademáis, en consonancia coa igualdade de oportunidades entre nenas e nenos, nos inicios do Club, marcouse o obxectivo da creación dun equipo de baloncesto femenino coas premisas de "compromiso" e "interese polo deporte", alcanzándose o mesmo e formando os primeiros equipos de baloncesto do Club Esclavas nas categorás de Infantil Feminino e Infantil Masculino.
Durante a Tempada 2014-2015 participouse como Club Esclavas Coruña nas competicións de Liga e a Copa con resultados bastante bos. A equipa masculina pasou na Liga coma primeiros de grupo e na segunda volta acadaron a terceira posición. Finalmente quedaron segundos do seu grupo na Copa. En canto á equipa feminina, non chegaron a alcanzar resultados de mención, enfocándose na estructuración do grupo.

Os inicios do Club non foron doados e encontrámonos con moitos baches no camino, sendo o máis doloroso, a perda do noso gran promotor, amigo e compañeiro, Andrés Barreiro. Debido a súa perda, o grupo de nais e pais fixeron todo o posíble por continuares co traballo iniciado por Andrés, uníndose e traballando xuntos na búsqueda e xestión de canchas, persoas adestradoras, horarios, competicións, equipacións e demáis factores necesarios para o bo funcionamento da entidade, perseguindo o obxectivo e soño do noso querido promotor.
Sendo Santa Rafaela a festividade máis recoñecida no cole, decidíuse aprovechar estas marcadas datas para facer unha homenaxe ao impulsor do proxecto, celebrando o "I Torneo Memorial Andrés Barreiro". Ao que invitáronse as equipas de baloncesto infantil masculina Básquet Coruña e Dominicos, nunha xornada de disfrute e deporte. Afortunadamente, o primeiro premio foi para o Club Deportivo Esclavas, e o galardón ao mellor xogador para Andrés, o fillo do homenaxeado. Finalizando un día precioso e emotivo para todas as persoas presentes.
Xogaron no noso Club:
- Pablo Arrojo Bande
- Andrés Barreiro Castro
- Ignacio Fernández-Vigo Mosqueira
- Luis García Villarabide
- Alfonso Iglesias Peña
- Manuel Losada Sanjurjo
- Pedro Rocha Varela
- Emilio Rodríguez Bellón
- Germán Torrente Fernández
- Jaime Tuñón Gutiérrez
- Andrés Vaamonde Estévez

Despóis desta primerira Temporada do Club, marcámonos novos obxectivos e meta coa mirada posta na captación de novas persoas socias e ampliar a nosa representación máis aló do baloncesto.












